luns, 25 de maio de 2020

Time to Sing





Ola a todos e todas, agardo que estedes ben!,

"A vida é mellor cando cantas". É por iso que hoxe imos a cantar.

Escollín o tema que xa moitos e moitas coñecedes "Dance Monkey" de "Tones and I". Máis abaixo tedes dous vídeos e mailo enlace para ter a letra.No primeiro vídeo tedes a letra e a canción orixinal, e no segundo vídeo aparece a canción para cantar en versión instrumental-Karaoke (esta última é a que utilizaredes para gravalo vídeo cantando).

Encantaríame poder ver as vosas interpretacións cantando en vídeos, para despois compartilas por aquí no blog e que o vexan o resto dos vosos compañeiros e compañeiras. Non teñen porque ser completos, pode ser un anaco da canción.

IMPORTANTE!: Os vídeos deben ser gravados en formato horizontal (apaisado), para facilitar a posterior montaxe e edición do vídeo conxunto. Escollede para cantar o 2º vídeo karaoke para facer a gravación de fondo. Tedes 15 días para preparalo, concretamente ata o luns 8 de Xuño para mandar o vídeo. Os e as que queirades participar tedes que enviarme os vosos vídeos a teacherpaulacarril@gmail.com, non vos esquezades de poñer o voso nome completo e o voso curso.

Por certo, moitísimas grazas a todos e todas as que me enviastes fotos e vídeos dos vosos instrumentos de reciclaxe podedes velos no post anterior AQUÍ.
 E tamén moitas grazas polos vídeos bailando Dua Lipa que estou a recibir, o post dos bailes o publicarie esta semana coas vosas actuacións no blog. E os e as que ainda non mandastes o baile de Dua Lipa, tedes ata mañá martes 26 para enviarme as fotos e vídeos dos vosos bailes de "Physical" de "Dua Lipa" da anterior publicación ao meu correo. 

Déixovos máis abaixo os dous vídeos e a letra. Espero que vos guste. 

Ata pronto e bo día!


Hi Everyone!, I hope that all of you are doing well.

"Life is better when you sing." That´s why Today we are going to sing. I have choosen the song "Dance Monkey" the hit by "Tones and I". You can watch two options below, the second one (karaoke) it´s perfect to record your video.

 Thank you so much to all your videos and pictures I´ve received, You can see your "Recycled Musical Instrumets" HERE

  I would love to watch your videos of your singing performances, and after I´ll share them with you in this blog. If you want to participate, you need to send me an email to teacherpaulacarril@gmail.com, remember to put your name and class. And recall too that the recording should be in horizontal format (landscape format). The time limit for delivery shall expire on June, 8th 2020.

Below you will find both of them videos and the Dance Monkey lyrics. I hope you like it.

Have a nice day and see you soon!


xoves, 21 de maio de 2020

Your Recycled Musical Instruments




Ola a todos e todas!

Hoxe móstrovos os vosos instrumentos musicais con material de refugallo. Moitas grazas por compartir as vosas creacións connosco.

Bo día e Ata Pronto!


 Hi Everyone!

Today I´m showing you your recycled musical instruments. Thank you for sharing with us your creations.

Have a nice day and see you soon!


luns, 18 de maio de 2020

Guess The Musical Instrument

Ola a todos e todas, agardo que estedes ben!,


"A música pode curar as feridas que a mediciña non pode tocar". Hoxe vamos a intentar adiviñar os sons de 20 instrumentos musicais.

 No primeiro vídeo imos a recordar os sons dos instrumentos musicais, e no segundo debemos adiviñar o nome dos 20 instrumentos musicais que imos a escoitar (en inglés) e mandalos por email. Os e as que queirades participar tedes que enviarme os vosas respostas a teacherpaulacarril@gmail.com, non vos esquezades de poñer o voso nome completo e o voso curso.

Por certo, moitas grazas a todos e todas as que me enviastes os vídeos dos vosos bailes, están xenial, en breve publicarei as vosas interpretacións no blog. E os e as que ainda non mandastes nada, estades a tempo de enviarme os vídeos do voso baile "Physical" de Dua Lipa da anterior publicación ao meu correo ata o luns 25 de Maio.

Déixovos máis abaixo os dous vídeos, recordade premer na imaxe para ver o vídeo . Espero que vos guste.

Ata Pronto e Bo día! 


Hi Everyone!, I hope that all of you are doing well.

 
"Music can heal the wounds that medicine cannot touch." Today we are going to guess the musical instruments. 

On the first video we going to remind the sound of musical instruments. And after that, you should to watch the second video and try to name the 20 musical instruments by listening to their sound

  If you want to participate, you need to send me your answers by email to teacherpaulacarril@gmail.com, remember to put your name and class.


To watch the videos remember to click on the pictures. I hope you like it.
   
Have a nice day and see you soon!


luns, 11 de maio de 2020

Let´s Dance



Ola a todos e todas, agardo que estedes ben. 

Din que o baile é un poema, do cal cada movemento é unha palabra. É por iso que hoxe imos a bailar.
Escollín o novo tema "Physical" de "Dua Lipa". Máis abaixo tedes dúas versións do baile, escollede a que máis vos guste ou se adapte.

Encantaríame poder ver os vosos bailes en vídeos, para despois compartilas por aquí no blog e que o vexan o resto dos vosos compañeiros e compañeiras. Non teñen porque ser completos, pode ser un anaco da canción. Os e as que queirades participar tedes que enviarme os vosos vídeos a teacherpaulacarril@gmail.com, non vos esquezades de poñer o voso nome e o voso curso .

Por certo, moitas grazas a todos e todas as que me enviastes fotos e vídeos dos vosos instrumentos de reciclaxe, moi pronto publicarei as vosas creacións no blog. E os e as que ainda non mandastes nada, ainda estades a tempo de enviarme as fotos e vídeos dos vosos instrumentos de refugallo da anterior publicación ao meu correo. 

Déixovos máis abaixo as dúas opcións para facer o voso baile. Espero que vos guste. 

Ata pronto e bo día!


Hi Everyone!, I hope that all of you are doing well.

The dance is a poem of wich each movement is a word. That´s why Today we going to dance. I have choosen the song "Physical" the new hit by "Dua Lipa". You can watch two options below.

Choose your favourite option and wichever you prefer. I would love to see your pictures or videos of your creations, and after I´ll share them with you in this blog. If you want to participate, you need to send me an email to teacherpaulacarril@gmail.com, remember to put your name and class.

Now I´m going to show you two videos with different ways to make your dance. I hope you like it.

Have a nice day and see you soon!



luns, 4 de maio de 2020

Recycled Musical Instruments


Ola a todos e todas!, agardo que estedes ben.

 Como os instrumentos que tanto nos gustan tocar nas nosas clases quedaron na aula de música, e moitos e moitas de vós non tedes instrumentos musicais nas vosas casas, traio unha proposta para facer instrumentos con material de refugallo.

Elexide o que máis vos guste ou inspirádevos en algún para crear o voso propio. Encantaríame poder ver as vosas creacións xa sexa en fotos coma en vídeos tocándoos, para despois compartilas por aquí no blog e que as vexan o resto dos vosos compañeiros e compañeiras. Os que queirades participar tedes que enviarme as vosas creacións a teacherpaulacarril@gmail.com, non vos esquezades de poñer o voso nome e o voso curso .

A continuación déixovos ideas, propostas, indicacións e un vídeo para que podades facer os vosos. Espero que vos gusten.

Ata pronto e bo día!



Hi Everyone! I hope that all of you are doing well.

We love to play instruments at music class, but now is impossible to get them, some of you don´t have instruments at home and today I want to show you how to make recycled musical instruments.

Choose your favourite option and wichever you prefer. I would love to see your pictures or videos of your creations, and after I´ll share them with you in this blog. If you want to participate, you need to send me an email to teacherpaulacarril@gmail.com, remember to put your name and class.

Now I´m going to show you different ideas, a video and ways to make your own instrument. I hope you like it.

Have a nice day and see you soon!