xoves, 18 de xuño de 2020

Dance Monkey Video




Ola a todos e todas!

Xa remata o curso, pero hoxe móstrovos o vídeo que editei cos vosos bailes da canción "Dance Monkey" de "Tones and I".Moitas grazas por compartir as vosas actuacións. Espero que vos guste.

Estou moi orgullosa do voso traballo e da axuda recibida polas familias. Este curso boteivos moito de menos pero no vindeiro curso volveremos coas pilas cargadas para poder seguir desfrutando da música.

Que teñades un bo día e Ata o próximo curso!


 Hi Everyone!

It´s the end of the school year, but Today I´m showing you a video with your performances about the song "Dance Monkey" by "Tones and I".Thank you for sharing with us your videos. I hope you like it.

I´m so proud of you and all the help received by your families. The past few months I missed you so much, but the next school year I hope that we are going to come back with all the energy charged to continue enjoying the music

Have a nice day and see you the next school year!



xoves, 11 de xuño de 2020

Physical Video



Ola a todos e todas!

Hoxe móstrovos o vídeo que editei cos vosos bailes da canción "Physical" de "Dua Lipa". Estou moi orgullosa do voso traballo. Moitas grazas por compartir as vosas actuacións. Espero que vos guste.

Bo día e Ata Pronto!


 Hi Everyone!

Today I´m showing you a video with your performances about the song "Physical" by "Dua Lipa". I´m so proud of you. Thank you for sharing with us your videos. I hope you like it.

Have a nice day and see you soon!

luns, 8 de xuño de 2020

Music Lab


 Ola a todos e todas, Agardo que estedes ben!

Xa estamos a piques de rematar o curso, é por iso que quero compartir antes das vacacións de verán, curiosidades sobre a música que vos poden interesar e experiementar dende as vosas casas xunto a toda a familia e que poidades consultar sempre que queirades. Lembrade que moi prontiño subirei os vídeos das vosas actuacións por aquí, xa que estiven agardando a algún/alguna compañeiro/a que se sumaron máis tarde, así que estade atentos e atentas que pronto verédesvos por aquí xunto aos vosos e vosas compañeiros/as.


Willy Wonka (Charlie e a fábrica de chocolate) dicía “Somos creadores/as de música e os soñadores/as dos soños”. Encántame crear música. Con este tipo de xogos musicais podedes pasar menos tempo acordándovos das regras musicais, e máis tempo explorando de onde procede a música. A curiosidade por explorar música levoume a coñecer Chrome Music Lab , e hoxe quero compartilo convosco. Preme na frecha amarela de abaixo para experimentar e xogar con Chrome Music Lab.




Hi Everyone!, I hope that all of you are doing well.

We are about to finish the school year, that´s why I want to share with you before the summer holidays, curiosities about music that may interesting to experience from your homes and with all your family, and in this way you can consult whenever you want. Remember that  I will upload the videos of your performances soon here,  I have been waiting for some students who joined later, so stay tuned because you will see yourself here with your partners soon.

Willy Wonka (Willy Wonka & Chocolate Factory) says “We are makers os music and the dreamers of dream”. I love making music. Whith this kinf of music games, You spend less time worrying about the rules of music, and more time exploring where music comes from. The curiosity to explore music drove me to meet Chrome Music Lab. Click below to experience with Chrome Music Lab.